top of page
CARNAVAL 1967 DESFILE 1967_.jpg
caretacigarron.jpg

Capuchóns é un documental interactivo sobre o Entroido de Verín

Ti escolles o camiño para descubrir a historia desta festa que os veciños e veciñas desta vila do sur de Ourense conseguiron

manter viva durante a longa noite de pedra que

supuxo o Franquismo

A través de testemuñas, irás coñecendo momentos históricos destas celebracións, protagonistas, anécdotas, sentimentos

e tamén o que supuxo que en 2021 non se puidera

organizar por mor da COVID19

TRAILER
verin_pan108.jpg

Verín é unha vila situada ao sur da provincia de Ourense, a 75 quilómetros da capital e a 12 da fronteira con Portugal

Entre montañas e defendido polo Castelo de Monterrei, Verín celebra todos os anos unha festa que reúne a miles de persoas: O Entroido

En 2021, debido

ás restricións establecidas para combater á COVID19, as rúas quedaron baleiras de disfraces

Para continuar

As partes
1. Capuchóns.00_04_59_15.Imagen fija001

Desfile de 1967

Despois de dúas décadas celebrando o Entroido con bailes en asociacións e prazas, pero sen máscaras, os disfraces volveron as rúas de Verín en 1967, cando se organizou o primeiro desfile

entroidos_antigos.png

Os antigos entroidos

Un repaso polos Entroidos de antes de 67, os posteriores a tan importante data para Verín e os elementos que caracterizaban aquelas celebracións que mantiñan o carácter enxebre

esencia.png

A esencia do Entroido

É difícil explicar en palabras o que é o Entrodo para Verín e a súa veciñanza, pero a través destas testemuñas, poderás te facer unha idea do que é, aínda que sen gozar da mellor parte

Captura de pantalla 2021-05-09 a las 21.

As carrozas de Fanfán

Na década dos 70, Fanfán e o seu socio, Luis Sola, foron os primeiros verineses que mecanizaron o Entroido, incluíndo nas súas carrozas luces, son ou cañóns de polvos talco, entre outros artiluxios

Captura de pantalla 2021-05-09 a las 21.

O Cigarrón

Este traxe é, para moitos, o elemento máis representativo do Entroido de Verín. Poñerse esta vestimenta é un ritual, un sentimento, algo do que estar orgulloso e unha tradición que pasa de pais a fillos

xoves_Comadres7.jpg

Entroido 2021

O silencio apoderouse das rúas de Verín en febreiro de 2021, unhas datas destacadas nos calendarios locais. A COVID impediu a celebración dunha festa que conseguiu sobrevivir á ditadura franquista

CARNAVAL 1967 capuchones.jpg

A orixe desta festa non está completamente clara. Algúns historiadores e antropólogos ao establecen na prehistoria e outros na Idade Media.
 
O que está claro é a procedencia etimolóxica da palabra "Entroido", que vén de introitus, que en latín significa entrada ou comezo do tempo da Coresma.

No dicionario na Real Academia Galega tamén está recollida a palabra Carnaval, a cal procede da italiana Carnavale, e que ao igual que a anterior, vén dunha expresión latina, neste caso carne levare, a cal significa “quitar a carne” e que se relaciona de novo con este tempo de Coresma

Los protagonistas
1. Capuchóns.00_21_51_21.Imagen fija004

Adolfo Taboada

Olga Rivera

"Fanfán"

Modesto Meno e Gerardo Hervella

Miguel "Chita"

Antonio Prieto

O documental
CAPUCHÓNS

(Preme na imaxe para comezar o documental interactivo)   

Contact
CRÉDITOS
Capuchóns / © Íñigo Rolán / 2021
bottom of page